Sobre os Espazos de intercambio
O Consorcio As Mariñas pon ao dispor dos veciños un espazo acondicionado nos puntos limpos do territorio para permitir o intercambio de obxectos e utensilios susceptibles de utilizar e reutilizar. Os puntos limpos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada acollen a instalación, con función de caseta, dun contedor en cada un, habilitado no seu interior con andeis para o depósito de obxectos e utensilios deixados pola cidadanía. Estas casetas contarán con fechadura de seguridade para evitar roubos ou substracciones e o persoal do punto limpo estará a cargo da súa custodia.
Para poder utilizar este espazo para a reutilización de obxectos de punto limpo, usarase este portal web. A través del, pódense catalogar os produtos entregados, e publicar fotos e información que os describa, permitindo ao cidadán, previo rexistro, seleccionar ou deixar nos puntos limpos, obxectos que poidan ser útiles.
Como funciona?
- Sobe fotos e descrición do obxecto que se queira depositar.
- Leva o obxecto a un dos puntos limpos que participan nesta iniciativa (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada).
- Identifícate ao xestor do punto limpo que validará o obxecto e quedará dispoñible para outro usuario.
- Por cada obxecto entregado sumarás 100 puntos.
Busca e reserva
- Reserva o obxecto desexado.
- Acode ao punto limpo onde se atope o obxecto reservado no prazo de 7 días.
- Identifícate ao xestor do punto que che entregará o obxecto.
- Por cada obxecto retirado restarase 50 puntos.
Produtos de reutilización